Unión Industrial Bancaria
Unión Industrial Bancaria
Entidade bancaria constituída en Barcelona en 1963 para a promoción de sociedades industriais e agrícolas. Coñecida como BANKUNION, foi o banco promotor das autoestradas catalás -Autopistas Concesionaria Española SA-. Afectada pola crise financeira, en 1982 pasou ao control do Fondo de Garantía de Depósitos para Establecimientos Bancarios, que a vendeu ao Banco Hispano Americano.