Union Française
Union Française
Asociación de países e territorios formada, de acordo coa Constitución de 1946, pola Francia metropolitana, as súas colonias (departamentos e territorios de ultramar) e os seus mandatos e protectorados (territorios e estados asociados). Foi un intento frustrado de transformar o imperio colonial francés e preservalo das correntes independentistas xurdidas despois da Segunda Guerra Mundial. En 1958 deu paso á Communauté Française.