Unión Evanxélica
Unión Evanxélica
Coalición formada en 1608 polos príncipes protestantes que xurdiu baixo a dirección de Federico IV do Palatinado como un intento de defender a secularización e de poñer fin ao dominio católico dos Habsburgo. Tivo o apoio de Francia, Inglaterra e os Países Baixos. Disolveuse en 1621.