Unión Europea de Pagamentos
Unión Europea de Pagamentos
Nome científico:
[UEP]
Acordo monetario establecido en 1950 polos países integrantes da OECE, para facilitar as relacións comerciais entre eles. Tivo como obxectivo a substitución do sistema bilateral de pagos pola multilateralidade, así como remediar a escaseza de dólares fronte ás crecentes transaccións. Con este fin estableceu a compensación de pagos internacionais, no espazo e no tempo, e a concesión de créditos aos países deficitarios. O retorno á convertibilidade das moedas supuxo a substitución da UEP polo Acordo Monetario Europeo (1958).