Unión Económica e Monetaria, Tratado da
Unión Económica e Monetaria, Tratado da
Tratado aprobado (11.12. 1991) e asinado (7.2.1992) en Maastricht polos representantes dos doce estados membros da Comunidade Económica Europea e que, xunto co Tratado da Unión Política, forma a Unión Europea. A súa aprobación significaba a total liberdade de actuación das persoas, bens, servizos e capitais en toda a Comunidade Europea, a fixación irrevogable das paridades entre as moedas nacionais dos estados membros e a adopción dunha moeda única, o ECU (desde 1995, euro). Para iso era necesario que as políticas económicas de todos os estados membros fosen compatibles entre si e que se acadase un alto grao de coherencia nas políticas orzamentarias nacionais.