Unión Eléctrica SA

Unión Eléctrica SA

Empresa produtora de enerxía eléctrica constituída en 1912 en Madrid, co nome de Unión Eléctrica Madrileña SA, resultado da fusión da Compañía General Madrileña (fundada en 1890) e a Sociedad de Gasificación y Salto de Bolarque. Construíu a primeira central nuclear do estado español, en Zorita. En 1982 fusionouse con Fuerzas Eléctricas del Noroeste SA (FENOSA) e tomou a denominación actual.