Union Douanière des États de l’Afrique de l’Ouest
Union Douanière des États de l’Afrique de l’Ouest
Nome científico:
[UDEAO]
Acordo económico e aduaneiro establecido por Costa de Marfil, Dahomey (Benin), Alto Volta (Burkina Faso), Mali, Mauritania, Níxer e Senegal en 1964. Os seus obxectivos eran establecer o libre cambio entre eles e facer unha redistribución dos ingresos aduaneiros procedentes das vendas a outros países non membros; pero estes obxectivos non foron acadados e había tantos réximes aduaneiros e fiscais como estados. En 1970 foi substituída pola Comunidade Económica de África Occidental.