Unión Liberal

Unión Liberal

Partido político español nacido da alianza electoral concertada entre algúns moderados e progresistas a raíz da Revolución de 1854. Gobernou entre 1858 e 1863 e entre 1865 e 1866, baixo a presidencia de L. O’Donnell e F. Serrano, desde 1867 e participou na Revolución de 1868. A maior parte dos seus afiliados seguiron a Cánovas cando este fundou o Partido Conservador.