Unión Libre

Unión Libre
[PUBLIC]

Revista publicada na Coruña a partir de 1996. Subtitulada “Cadernos de vida e culturas”, está promovida por Ediciós do Castro e coordinada por Claudio Rodríguez e Carmen Blanco. Pretende ser unha colección de cadernos anuais aberta a todo tipo de contidos, crítica, independente e libertaria, e cun coidado deseño artístico.