unionismo
unionismo
(< unión + -ismo)
-
s
m
Doutrina que defende a unión de dous ou máis estados ou partidos.
-
s
m
[RELIX]
Movemento de busca da unidade entre os cristiáns das diferentes denominacións e igrexas, aparecido entre os católicos na primeira metade do s XIX.
-
s
m
[HIST/POLÍT]
Tendencia política dos partidarios da unión de Gran Bretaña e Irlanda. Iniciouse coa oposición dun sector do partido liberal á aceptación do Home Rule de Irlanda por Gladstone (1885), que levou á creación do Liberal Unionist Party (1886). Despois dun proceso de colaboración e alianzas electorais cos conservadores, fusionáronse en 1911 no Conservative and Unionist Party.