Unións Agrarias-UPA
Unións Agrarias-UPA
Agrupación sindicalista galega de agricultores e gandeiros fundada en 1982. Entre os seus obxectivos atopábase a modernización do campo, a implantación do cooperativismo ou a concentración parcelaria. Entre as súas bases de actuación destacaron a defensa dos labregos fronte a situacións como o reaxuste da cota láctea ou o problema das vacas tolas. Promoveron a convocatoria das primeiras eleccións a Cámaras Agrarias en 2002.