universidade
(
-
s
f
[EDUC]
-
Institución docente rexida por un reitor, coa asistencia dunha xunta de goberno ou dun organismo similar que está integrada por diferentes centros, denominados facultades ou colexios onde se imparten os estudos superiores e se outorgan os títulos correspondentes. As universidades medievais organizábanse como comunidades de profesores, universitas magistrorum (París), ou comunidades de estudantes, universitas scholarium (Boloña). O ensino dábase en latín, ensinábanse as sete artes liberais, teoloxía, medicina e dereito e reservábase o dereito exclusivo de conferir os graos académicos de bacharel, licenciado e doutor. A tradición cultural da nobreza de Lombardia e o movemento comunal desenvolvido en Italia explican a fundación de escolas xurídicas en Roma, Pavia, Ravenna e Boloña. Debido ás secesións de estudantes e profesores xurdiron as universidades de Vicenza (1204) e Padua (1222), que se converteu en centro do pensamento científico-natural, onde se formaron Copérnico e Galileo. Durante a Idade Media a universidade de París enfrontouse ás autoridades eclesiásticas e seculares da cidade e produciuse unha primeira grande emigración de estudantes e profesores cara a Oxford, Cambridge, Angers, Toulouse, Orléans e Reims. En Inglaterra a universidade principal foi a de Oxford, que se especializou no estudo das ciencias da natureza e por unha secesión, naceu a de Cambridge (1209). As universidades da Península Ibérica estaban moi ligadas á coroa e á autoridade episcopal: Palencia (1208), Salamanca (1218) e Coimbra (1290). En Francia, ademais da de París, sobresaíu a de Orléans, onde se formou Calvino. En Occitania destacaron a de Toulouse (1229) e a de Montpellier, célebre polo ensino da medicina. Durante a Baixa Idade Media o movemento universitario desprazouse cara ao L e fundáronse as universidades de Praga (1348), Viena (1356), Erfurt (1379-1392), Heidelberg (1358), Colonia (1388), Cracovia (1364-1397), Pécs (1367) e Bratislava (1465-1467). As universidades da Península Ibérica conseguiron un grao de desenvolvemento notable que traspasou o ámbito peninsular cando a neoescolástica de Salamanca sinalou no Concilio de Trento o camiño do catolicismo moderno e un grupo de xuristas casteláns estableceron as bases do moderno dereito internacional. Por outra banda, diversas universidades xermánicas foron focos intelectuais da Reforma: Wittenberg (1502), Marburg (1527), Königsberg (1544) e Jena (1558). As primeiras universidades americanas, as de Santo Domingo (1538), México (1553) e Lima (1553), foron creadas e organizadas coa primacía da teoloxía e as humanidades. En Francia, a universidade converteuse nun servizo público centralizado e sen autonomía. En Alemaña creáronse as de Berlín (1809), Bonn (1818), Aquisgrán (1870), Darmstadt (1836), Múnic (1868) e Stuttgart (1829), que foron centros de ensino e de investigación. En Oxford e Cambridge, a conxuntura estimulaba o desenvolvemento da investigación científica e o interese polos problemas contemporáneos. En Rusia creáronse a de Moscova (1755), Kazan’ (1804), Peterburgo (1819), e en Ucraína as de Khrakiv (1804), Kiev (1835) e Odessa (1865). No s XX houbo un movemento de expansión do ensino superior. As universidades de EE UU -Yale, Harvard, Princeton e Berkeley- acadaron un merecido prestixio. En España, o ensino superior está caracterizado pola súa organización burocrática e centralizada (lei Moyano de 1857). Desde mediados do s XIX o movemento krausista e a Institución Libre de Enseñanza pugnaron por unha reforma e en 1931 foi concedida a autonomía nas facultades de filosofía e letras de Madrid e Barcelona. Suprimida a autonomía despois da Guerra Civil, foi promulgada unha lei de ordenación universitaria de carácter centralista. En 1975 iniciouse unha lenta reforma do sistema educativo superior, que culminou coa aprobación da Lei de Reforma Universitaria (LRU, 1983), na que se introduciron novas reformas e titulacións. A primeira institución universitaria de Galicia foi a Universidade de Santiago de Compostela, da que, en 1990, xurdiron outras dúas novas universidades, a da Coruña e a de Vigo.
-
Edificio onde se ensinan estudos universitarios.
-
universidade popular
Escola de Artes e Oficios.
-
-
s
f
[HIST]
Colectividade ou corporación de habitantes ou de profesións dunha cidade ou vila, dotada dalgunha organización e réxime xurídico, durante a Baixa Idade Media.