Unterwalden

Unterwalden

Rexión do centro de Suíza, ao S do lago dos Catro Cantóns (767 km2; 69.880 h [2000]). Abrangue os cantóns de Obwalden ao O e o de Nidwalden ao L. Ocupa a zona prealpina que se estende desde a ribeira meridional do lago ata o N de Oberland, formada por un relevo de montañas medianas que acadan a máxima altitude ao S (Titlis, 3.243 m). A súa economía baséase na gandaría de orientación leiteira. Os principais centros urbanos son as dúas capitais cantonais: Sarnen e Stans. A poboación é de fala alemá e de confesión católica. En 1921 asinou, xunto cos cantóns Uri e Schwyz, a Ewiger Bund (‘Alianza Eterna’) contra os Habsburgo, inicio da Confederación Helvética. En 1333 separáronse os vales de Sarnen e de Stans, orixe dos dous semicantóns homónimos.