Upemba

Upemba

Lago do SL do República Democrática do Congo, ensanche do río Lualaba no altiplano de Katanga (500 km2). Na ribeira occidental do lago e do río atópase o Parque Nacional de Upemba (95.124 km2), que inclúe numerosos lagos e está atravesado desde o SL polo río Lufira. Da fauna destacan cebras, antílopes, elefantes, búfalos, leóns e paxaros acuáticos.