Urbino
Urbino
Cidade da provincia de Pesaro e Urbino, situado nas Marcas, a 30 km de Pesaro, Italia (15.128 h [2001]). Foi condado en 1213 e ducado en 1443. Incorporouse a Italia en 1860. Do seu patrimonio cultural destaca o Palazzo Ducale (s XV), a casa natal de Rafaello Sanzio ou a Rocca du Sassocorvaro. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1998).