Urmia, lago ou Rezā’iyeh
Urmia, lago ou Rezā’iyeh
Lago do NO de Irán, situado cerca da cidade de Urmia. Ocupa unha depresión pechada a 122 m sobre o nivel do mar. A superficie varía segundo as estacións do ano de 4.500 km2 a 6.000 km2 e acada unha profundidade máxima de 14 m.