urocordado -da
(< 1 uro- +cordado)
-
adx
Relativo ou pertencente aos urocordados.
-
s
m
[ANIMAL]
Animal do subfilo dos urocordados.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subfilo de animais do filo dos cordados, caracterizados por presentaren en estado larval un cordón nervioso dorsal, unha notocorda que se forma na parte caudal, e fendas branquiais, mentres que nos adultos desaparece o cordón nervioso e a notocorda, e quedan modificadas as fendas branquiais, excepto nos da clase dos apendicularios, na que se mantén toda a vida a notocorda. O corpo dos adultos presenta tamén unha cuberta ou túnica, formada por tunicina. Teñen moito poder rexenerativo. Inclúen unhas 2.000 especies mariñas, fixas, solitarias ou gregarias, ou peláxicas, solitarias ou gregarias. Divídense en tres clases: os ascidiáceos, taliáceos e apendicularios.