Urocyon
Urocyon
s
m
[ANIMAL]
Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos cánidos, semellante ao raposo, pero de corpo máis estilizado, gadoupas máis longas, orellas máis curtas, cola moi desenvolvida e pelaxe moi densa, gris no lombo e rubia clara ou terrosa nas patas e nas partes ventrais. Habita en zonas áridas e rochosas, con árbores ou arbustos do continente americano.