Utnapištim
Utnapištim
Nome babilónico de Noé. As súas xestas nárranse no poema de Gilgameš. Mentres adoraba o deus Ea en Šuruppak, recibiu deste o encargo de construír unha arca, na que se salvaron el, a súa familia e numerosos animais.