utopía

utopía

(< gr οὐ ‘non’ + τόπος ‘lugar’)

  1. s f

    Concepción dunha idea irrealizable.

  2. s f [POLÍT]

    Concepción imaxinaria dun goberno ideal. O seu uso remontouse ao humanista inglés Tomas More, que en Utopía (1516) describiu unha situación ideal e imaxinaria, mais cunha forte intencionalidade crítica da sociedade do seu tempo. O termo serviu tamén para indicar o carácter falso, imaxinario e ilusorio de moitas afirmacións que se basean no sentido común e non na ciencia. Neste sentido, os marxistas falan do socialismo utópico, contraposto ao socialismo científico.

Palabras veciñas

UTM | Utnapištim | uto-azteca | utopía | utópico -ca | utopista | UTP