Utrecht, Unión de
Utrecht, Unión de
Alianza militar establecida en 1579 polas sete provincias protestantes do norte dos Países Baixos (Holanda, Zelanda, Utrecht, Groningen, Gelderland, Overijssel e Frisia), como réplica á Unión de Arrás. Creouse pola iniciativa de Xoán, irmán de Guillerme I de Orange-Nassau, coa intención de rexeitar a autoridade de calquera príncipe estranxeiro. Foi o núcleo da república das Provincias Unidas do Norte.