Utzon, Jørn
Utzon, Jørn
Arquitecto. A súa obra partiu do funcionalismo escandinavo para achegarse logo a un expresionismo case fantástico. Na década de 1950 fixo a súa propia casa en Hellebäk, sesenta e tres casas da cidade de Kingo, o barrio residencial de Frederiksberg (Copenhaguen), o Banco Melli (Teherán), a escola superior para obreiros de Hojstrup, e a Opera House de Sidney (1957-1973). Foi tamén autor do teatro municipal de Zúric (1964) e do museo do pintor A. Jorn, en Sylkerborg (Xutlandia). Recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Copenhaguen