uzbeko -ka

uzbeko -ka

(< antropónimo Uzbeko)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo uzbeko.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo uzbeko.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de raza turánida que habita en Uzbekistán. Coñecidos desde o s XV, tomaron o nome do príncipe Uzbeko, elixido gran khan das tribos mongois (1312). Tiveron éxito na formación dos khanatos, destacando o de Bukhara (s XVI) e o de Khiva (s XVIII), ata que os dous foron aniquilados pola expansión rusa en Asia Central, na segunda metade do s XIX.

  4. s m [LING]

    Lingua turca do phylum altaico que deriva do chagatai e que se fala en Uzbekistán. Escrito primitivamente en caracteres arábigos e cunha forte influencia do persa tanto na fonética coma no vocabulario, pasou a escribirse en letras cirílicas.