Vaamonde Lores, Florencio
Historiador e escritor. Integrado na escola poética formalista, liderada por E. Pondal, participou na redacción de diferentes xornais, como La Fidelidad, Revista Gallega e El Tribuno, especialmente con artigos de carácter histórico. Membro fundador da Real Academia Galega, participou na organización da Asociación Regionalista e das Irmandades da Fala. No apartado creativo, traduciu ao galego as Odas (1897) de Anacreonte e o libro VI (1897) da Eneida de Virxilio; ademais, escribiu o poemario épico Os Calaicos: poema en catro cantos (1894), en que tenta imitar o estilo de Camões; Mágoas: poesías (1901), en que inclúe sonetos de estilo petrarquista; e Follas ao vento (1919); as novelas Bestas bravas (1923), onde aparecen representadas varias familias fidalgas das Mariñas; e Anxélica: novela orixinal e inédita (1925), xunto aos libros de carácter didáctico Resume da Geografía de Galicia (1897) e Resume da Historia de Galicia (1898).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ouces, Bergondo -
Deceso
Lugar : A Coruña