Vacaloura, montes de

Vacaloura, montes de

Aliñación montañosa do centro de Galicia, situada nos contrafortes orientais da Dorsal Occidental Galega, que serve de límite ao concello de Monterroso cos de Taboada e Portomarín. Con dirección SSO-NNL, culmina a 830 m de altitude no monte San Cristovo, na Torre (Taboada). Constitúen a divisoria de augas das concas do Ulla, ao que verten os ríos que drenan a súa vertente occidental, e do Miño, colector que recolle as augas da súa aba oriental.