2 valdense

2 valdense

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Pierre Valdo ou aos seus seguidores.

  2. s m pl [RELIX]

    Membro do movemento espiritual que se orixinou a raíz da predicación de Pierre Valdo en Lyon e que constitúe unha confesión cristiá autónoma, denominada Igrexa Valdense. Os primeiros seguidores, denominados pobres de Lyon, caracterizáronse pola pobreza absoluta, feito que os emparentaba con todos os outros movementos reformadores do momento. Expulsados de Lyon (1181), difundíronse por Provenza, Languedoc e Lorena e, incluso, ata a Coroa de Aragón. Tiñan votos de pobreza, castidade e obediencia. Perseguidos pola Inquisición, no s XIII refuxiáronse nos Alpes Cottians, arredor de Pinerolo e da Tor-Peliç. Logo de diversas medidas represivas dos duques de Savoia, no s XV organizouse unha cruzada en contra dos valdenses do Delfinado. Na Asemblea de Cianforan asimiláronse ás doutrinas fundamentais do calvinismo. Nas Guerras de Relixión foron perseguidos por Manuel Filiberto I de Savoia. A República Francesa outorgoulles a tolerancia, e por un edicto de Carlos Alberte obtiveron todos os dereitos (1848). A Igrexa Valdense actual é de tipo presbiteriano, cun sínodo como órgano supremo, formado polos pastores e representantes dos laicos, e o corpo de pastores, presidido polo moderador, que é o responsable da pureza doutrinal. Os seus fieis están agrupados en cinco distritos en Italia e un en América Latina. Forma parte do Consello Ecuménico das Igrexas.