Valence

Valence

Cidade do Delfinado, Occitania, capital do departamento de Drôme, Francia (64.260 h [1999]). Situada sobre un socalco da beira esquerda do Ródano, preto da confluencia co Isère. É un centro industrial moi activo con industrias químicas, de caucho, de electrodomésticos e de maquinaria de precisión. Cidade romana (Colonia Valentia), foi gobernada polos bispos de 1150 a 1456.