Valente
Valente
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín valentem ‘forte, san’, de valeo ‘ser forte’, ‘estar ben de saúde, estar san’. Dun nome romano derivado, Valentius, na súa forma feminina Valentia, procede o topónimo Valencia, nome de dúas parroquias en Valdeorras e dunha aldea en Coristanco; tamén a portuguesa Valença do Minho e a València mediterránea.