Valente Docasar, Xosé Anxo

Valente Docasar, Xosé Anxo

Poeta. Profesor na Oxford University, posteriormente traballou na ONU e foi director do servizo español de tradución da UNESCO. Como poeta deuse a coñecer co libro A modo de esperanza (1955, Premio Adonais 1954), onde xa se vislumbran os alicerces da súa poesía, unha poética metafísica emparentada coas formas puras, cunha grande esixencia verbal. Tematicamente, Galicia, e sobre todo Ourense, sempre estiveron moi presentes. Da súa obra, en que se manifesta a vangarda e a conciencia crítica da sociedade contemporánea, destacan os poemarios Poemas a Lázaro (1960, Premio de la Crítica Española), Breve son (1968), Interior con figuras (1976), Material memoria (1978), Sete cántigas de alén (1981), Mandorla (1982), El fulgor (1984), Cántigas de alén (1989), Al Dios del lugar (1989), No amanece el cantor (1992, Premio Nacional de Poesía 1993) e Fragmentos de un libro futuro (2000). Gran parte da súa obra poética está traducida a diversas linguas. Como ensaísta é autor de Las palabras de la tribo (1971), La piedra y el centro (1983) e Variaciones sobre el pájaro y la red (1991), e como tradutor cómpre salientar os seus traballos sobre J. Keats, K. Cavafis e E. Montale, entre outros. Ademais, colaborou na realización de diversos libros de arte, como Emblemas (1978), con A. Saura; e El péndulo inmóvil (1982), con A. Tàpies. No apartado da prosa poética destaca Número trece (1971), prohibido pola ditadura franquista; El fin de la Edad de Plata (1973) e Nueve enunciaciones (1982). Recibiu o Premio da Fundación Pablo Iglesias (1984), o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1988) e o Premio Reina Sofía de Poesía (1998).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ourense

  • Deceso

    Lugar : Xenebra