Valenzuela Otero, Ramón de

Valenzuela Otero, Ramón de

Escritor. Militante do Partido Galeguista e colaborador de Alexandre Bóveda e Castelao, participou nas actividades do Seminario de Estudos Galegos. Co inicio da Guerra Civil Española, en 1936, foi detido e encarcerado en Silleda. Liberado, fuxiu a Francia, onde foi detido (1939) e condenado tras a ocupación nazi. En 1949 conseguiu o indulto e marchou a Bos Aires, onde publicou as novelas autobiográficas Non agardei por ninguén (1957), estruturada como un diario sen datas e na que introduce o tema da Guerra Civil; e Era tempo de apandar (1980), máis complexa estruturalmente e onde analiza o mundo do cárcere e a posguerra. Ademais escribiu a peza teatral As bágoas do demo (1964), unha traxicomedia estreada baixo a dirección de E. Blanco Amor; O Naranxo (1966), en que recompila diversos relatos publicados anteriormente en prensa; e o ensaio Historia do galeguismo político (1976).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Manduas, Silleda

  • Deceso

    Lugar : Adina, Sanxenxo