Valla, Lorenzo
Valla, Lorenzo
Humanista. Traduciu ao latín a Homero, Esopo, Tucídides, Herodoto e Demóstenes. En Pavia reaccionou contra os averroístas, nominalistas e xuristas e en Roma (1448) foi oficial da curia e secretario apostólico. Estivo ao servizo do Rei Afonso VI de Aragón (1443-1448) e foi un dos creadores da moderna crítica histórica e bíblica. Da súa produción destacan De voluptate ac de vero bono (1431) e Elegantiarum lingua latinae libri tres (1441?).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma -
Deceso