Valparaíso

Valparaíso

Capital da rexión de Valparaíso, Chile (284.679 h [1999). É o porto máis importante do estado e, debido ao seu crecemento, ocupou as montañas que circundan a baía. Está practicamente unida á cidade residencial de Viña del Mar. Ten unha forte industrialización con fábricas de produtos químicos, metalúrxicos, industrias do papel e construcións navais. Fundada en 1536 por Juan de Saavedra, en 1544 converteuse nun pequeno porto colonial. A independencia de Chile (1819) favoreceu a súa expansión, vinculada ao comercio británico e estadounidense ao sur do Pacífico. O barrio histórico do porto marítimo da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2003).