valva
valva
(< lat valva ‘porta’)
-
s
f
[ZOOL]
Cada unha das pezas que forman a cuncha dalgúns moluscos bivalvos e gasterópodos, ademais dos braquiópodos e dos crustáceos.
-
s
f
[ANAT]
Cada unha das partes dunha válvula.
-
s
f
[BOT]
-
Cada unha das partes que se forman ao abrirse os froitos secos e dehiscentes lonxitudinalmente.
-
Parte basal e plana da teca das diatomeas.
-
-
s
f
[MED]
Instrumento de cirurxía en forma de lámina curva dobregada que serve para separar as paredes dunha cavidade ou dunha abertura feita cirurxicamente.