valva

valva

(< lat valva ‘porta’)

  1. s f [ZOOL]

    Cada unha das pezas que forman a cuncha dalgúns moluscos bivalvos e gasterópodos, ademais dos braquiópodos e dos crustáceos.

  2. s f [ANAT]

    Cada unha das partes dunha válvula.

  3. s f [BOT]
    1. Cada unha das partes que se forman ao abrirse os froitos secos e dehiscentes lonxitudinalmente.

    2. Parte basal e plana da teca das diatomeas.

  4. s f [MED]

    Instrumento de cirurxía en forma de lámina curva dobregada que serve para separar as paredes dunha cavidade ou dunha abertura feita cirurxicamente.