Vamba
Vamba
Rei dos visigodos (672-680). Nobre militar, foi elixido rei á morte de Recesvinto e consagrado en Toledo. As primeiras accións do seu goberno foron militares e encamiñadas a subxugar os vascóns e os ástures rebeldes. Dominou a rebelión da Tarraconense e expulsou os xudes de Narbona. Foi destronado, tonsurado (680) e recluído no mosteiro de Pampliega.