Van Steenwickel
Van Steenwickel
Familia de arquitectos do final do s XVI e da primeira metade do s XVII de orixe holandesa e establecida en Dinamarca. Destacaron Laurens van Steenwickel o Novo (1585-1619), que comezou o castelo de Frederiksborg e a bolsa de Copenhaguen, obras que rematou o seu irmán, Hans van Steenwickel o Novo (1587-1639), autor tamén do castelo de Rosenborg en Amsterdam (1610-1635).