Vancouver
Vancouver
Illa de Canadá, en Columbia Británica (32.100 km2; 509.460 h [1986]). Situada no Océano Pacífico, ao S do arquipélago da Raíña Carlota, é paralela á costa, da que a separan as numerosas illas dos estreitos da Raíña Carlota, de Georgia e de Juan de Fuca. Na banda oriental concéntranse os núcleos urbanos principais: Duncan, Nanaimo, Port Alberni, Courtenay, Campbell e Victoria, capital de Columbia Británica. Os recursos económicos derivan da explotación forestal, a minaría (carbón, ferro e cobre), a actividade agropecuaria (leite, froita, verdura) e o turismo. Descuberta en 1592 por Juan de Fuca, foi visitada en 1792 polo capitán G. Vancouver e converteuse en territorio británico en 1846.