Vandervelde, Émile

Vandervelde, Émile

Político belga. Foi un dos dirixentes do Parti Ouvrier Belge (1890), posteriormente Parti Socialiste Belge. Durante a Primeira Guerra Mundial formou parte dos gobernos de unión nacional (1914-1917). Foi ministro de Xustiza (1919-1921) e de Asuntos Exteriores (1925-1927). Como dirixente socialista impulsou unha política reformista e contraria ás teses dos bolxeviques.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Elsene, Bruxelas

  • Deceso

    Lugar : Bruxelas