Vannuci, Pietro
Vannuci, Pietro
Pintor. Coñecido como Il Perugino, formouse no ambiente da escola Umbria e con S. Botticelli e Leonardo da Vinci. De Piero della Francesca aprendeu a claridade da composición e a concepción monumental dos espazos arquitectónicos. Destacan as táboas da Vita di san Bernardino (1473), Consegna delle chiave a san Pietro, no Vaticano, Apollo e Marsias, o retrato de Francesco delle Opere (1494) e os frescos do Collegio della Mercanzia de Perugia (1500), executados en colaboración cos discípulos, entre eles Rafael.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Città della Pieve, Umbria -
Deceso
Lugar : Fontignano, Perugia