vantaxe

vantaxe

(< fr avantage)

  1. s f

    Condición ou circunstancia favorable que unha persoa ou cousa ten sobre outra.

  2. s f

    Diferenza de posición ou situación dunha persoa ou cousa sobre outra, especialmente nunha actividade.

  3. lei da vantaxe [DEP]

    Convención regulamentaria que, en certos deportes de equipo, permite ao árbitro non interromper o xogo cando un xogador atacante é obxecto de falta, porque continúa controlando a pelota.

Formas incorrectas

avantaxe

Palabras veciñas

Vannuci, Pietro | vano | Vantaa | vantaxe | vantaxoso -sa | Vanua Levu | vanuatiano -na