Vao
Vao
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Remite ao topónimo Vao, do latín vadu ‘lugar pouco profundo polo que se pode atravesar unha corrente de auga’). Documéntase no s XIV: Fernã Yanes do Uao (ano 1372, Documentos Galego-Portugueses, páx 165), Juan Fernandes do Vao (ano 1415, Vida e fala dos devanceiros I, páx 109). En numerosas ocasións presenta b- non etimolóxico.