Varela

Varela

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, cinco paus de sinople. Outro, en campo de ouro, cinco bandas de sinople. Outro, en campo de ouro, cinco paus de sinople, e entre cada dúas delas unhas flores de lis de goles, colocadas en banda, e a vara do centro cargada con outra flor de lis igual ca as descritas e formando faixa con elas.