Varela Buxán, Manuel

Varela Buxán, Manuel

Dramaturgo e actor. Emigrou a Arxentina e entrou en contacto con numerosos actores, como Tacholas e Maruxa Villanueva. Cofundou a compañía de teatro Aires da Terra, posteriormente chamada Compañía Galega Maruxa Villanueva, coa que estreou varias das súas obras en diversas cidades arxentinas e en Montevideo. Participou na posta en escena de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1941). Nos seus dramas parte dun conflito amoroso, ligado en ocasións a un tema social, onde o cacique é un dos protagonistas. Destacan O ferreiro de Santán (1975), Taberna sin dono (1975), A xusticia dun muiñeiro (1977), Se o sei... non volvo a casa (1977) e O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos (1981).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lamas, A Estrada

  • Deceso

    Lugar : Lalín