Varela Veiga, Carlos

Varela Veiga, Carlos

Deseñador e debuxante. Coñecido pola súa intensa actividade artística, practicou a fotografía, a escultura e o cartelismo. Foi un dos grandes animadores do cineclub en Galicia desde a directiva do Club Cultural Valle-Inclán, un dos máis activos participantes das Xornadas do Cine Galego de Ourense e do intento de produción que foi Nós Cinematográfica Galega. Comprometido co nacionalismo galego, concibiu o cine como un soporte para a actividade política combativa e rexistrou cunha cámara súper 8 moitos dos conflitos que sacudiron a sociedade galega nos anos da Transición, como As Encobas (1977), A loita contra a cuota agraria na Terra Chá (1977) e O 25 de xullo (1977).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso

    Lugar : Malpica de Bergantiños