Varela Vilariño, Xosé

Varela Vilariño, Xosé

Fotógrafo. Comezou a súa andaina profesional no campo da pintura para, en 1988, dedicarse plenamente á fotografía. Especializado en imaxes da natureza e preocupado polo medio natural, realizou diversas reportaxes sobre as catástrofes do Mar Exeo (1992) e Prestige (2002). Co tempo diversificou a súa produción para centrarse tamén noutros aspectos da realidade de Galicia, como a súa etnografía e tradicións, a arte, os oficios, a pesca e o marisqueo. Colaborador de diversas publicacións periódicas en España, como Foto Profesional, Natura e El País Semanal; en Francia, como Chausseur d Images; e en EE UU, como Outside, traballou no apartado gráfico da Enciclopedia Galega Universal (EGU) e do Proxecto Galicia de hércules Ediciones. Participou na edición dos libros Natureza sen fronteiras (1999), Os muíños (1999) e A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia (1999). Recibiu máis de cen premios fotográficos, dos que destacan o 2º premio do II Concurso Fotográfico Internacional Fotogranprix 93 en Barcelona, e o Premio Especial Kodak do Concurso Fotográfico Internacional Año Europeo de Conservación de la Naturaleza (1994), en Estrasburgo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Agolada