Vargas, Getúlio Dornelles

Vargas, Getúlio Dornelles

Avogado e político brasileiro. Presidente de Brasil (1930-1945 e 1950-1954), foi deputado (1922), ministro de Finanzas (1926) e gobernador de Rio Grande do Sul (1928). Participou no golpe de estado de 1930, e foi nomeado presidente provisional. Instaurou un réxime populista (o Estado Novo) e socializante que combateu á vez o poder das oligarquías e dos comunistas. Deposto por un golpe de estado de signo constitucional proestadounidense (1945), en 1950 volveu á presidencia co apoio dos laboristas e dos comunistas, pero a crise económica impediulle volver á política populista. Ao esixir o exército a súa dimisión, suicidouse.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : São Borja, Rio Grande do Sul

  • Deceso

    Lugar : Rio de Janeiro