Vargas Llosa, Mario
Novelista peruano. Deuse a coñecer co libro de contos Los Jefes (1958, Premio Leopoldo Arias), e destacou na novela, traducida a moitas linguas, coa que reflicte diversos aspectos da sociedade peruana, como en La ciudad y los perros (1962, Premio de la Crítica Española), La casa verde (1965, Premio Nacional de Literatura de Perú, Premio de la Crítica Española e Premio Internacional Rómulo Gallegos 1967), Conversación en la catedral (1969), Pantaleón y las visitadoras (1973), La tía Julia y el escribidor (1977), La guerra del fin del mundo (1981), Quién mató a Palomino Molero? (1986), Elogio de la madrastra (1988), Lituma en los Andes (1993, Premio Planeta) e La fiesta del chivo (2000). Realizou tamén crítica literaria e publicou obras de teatro e ensaios, como Gabriel García Márquez: historia de un deicidio (1971) e a autobiografía El pez en el agua (1992). Foi candidato á presidencia de Perú pola coalición de dereita FREDEMO nas eleccións de 1990. Doutor honoris causa en diversas universidades do mundo, foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1986) e co Premio Cervantes (1994). En 1994 ingresou na Real Academia Española.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Arequipa