Varuna

Varuna
[MIT]

Divindade de orixe indoeuropea, personificación do ceo, coñecida polos antigos gregos como Urano, que aparece xa nunha inscrición de Mitanni, en Mesopotamia (s XV a C). Corresponde ao Xúpiter romano e ao Tyr xermánico. É o sostedor do universo e deus supremo dos Vedas que preside a orde cósmica ( ṛ ita) e se considera xefe dos Āditya, asociado a Mitra (Mitravarun·a). Foi desbancado por Indra, deus da guerra, e a súa función quedou reservada á regulación das estacións, as choivas e a fecundidade.

Palabras veciñas

varsoviano -na | Varthema, Ludovico de | varudo -da | Varuna | varve | 1 varxa | 2 varxa