varve

varve

(< sueco varv)

s f [ESTRATIG]

Depósito rítmico laminado de orixe fluvioglaciarios, que está constituído por unha parella de estratos litolóxicos ben diferenciados, depositados durante un ciclo anual e dentro dunha conca lacustre glaciaria. O sedimento estival é un limo ou area fina de cor clara, movida pola fusión da xeeira; o sedimento invernal é un lodo orgánico arxiloso, escuro, depositado pola perda de velocidade das augas. O grosor de cada parella ou ritmo é milimétrica.

Palabras veciñas

Varthema, Ludovico de | varudo -da | Varuna | varve | 1 varxa | 2 varxa | Vas