Vasco Gil

Vasco Gil

Trobador portugués. Activo a mediados do s XIII, identifícase coa familia nobre dos Soverosa, de orixe galega, afín ao Rei Sancho II de Portugal, e que tiveron certo protagonismo na corte do monarca portugués, especialmente na guerra civil de 1245-1247. Capturado polas tropas de Afonso III o Boloñés, foi liberado ao pouco tempo e marchou para Castela, onde participou na conquista de Sevilla (1248). A súa obra está constituída por 13 cantigas de amor, dúas de amigo e dúas tenzóns, con Pero Martinz e Afonso X. Nas composicións de amor destaca unha en que responsabiliza a Deus polo sufrimento do amado, “Que sen-mesura Deus é contra mi!”, e outra que salienta pola forza das súas queixas e o emprego de formas paralelísticas, “Ay mia senhor! quero-vus preguntar”.